Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (8/2014).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 8/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cristina Vázquez Vidal contra Iglesias y Rodríguez, S.C., Natalia Iglesias Rodríguez, María José Rodríguez Ramos e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 26.10.2016, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que, no devandito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Iglesias y Rodríguez, S.C., Natalia Iglesias Rodríguez e María José Rodríguez Ramos, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza