Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52085

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 1792/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1792/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 798/2015 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Silverio González Carracedo

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Fidalgo y Pato, S.L., Mutua Universal Mugenat

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, Servizo Xurídico Seguridade Social, (…), Pablo Espinosa Medina

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1792/2016 desta sección, seguido por instancia de Silverio González Carracedo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Fidalgo y Pato, S.L., Mutua Universal Mugenat, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Silverio González Carracedo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense de data 23 de febreiro de 2016, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Fidalgo y Pato, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de outubro de 2016

A secretaria xudicial