Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (282/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 282/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo José Miranda Guimarey contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Kotlas, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Juzgado de lo Social número 3 de Santiago de Compostela.

Sentenza 286/2016

PO procedemento ordinario 282/2013

Procedemento orixe:

Sobre ordinario.

Demandante: Ricardo José Miranda Guimarey.

Avogado: Manuel Comendador Rey.

Demandados: Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Kotlas, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial

Sentenza.

Na cidade de Santiago de Compostela o 23 de setembro do ano 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número ut supra indicado, promovidos por Ricardo José Miranda Guimarey, asistido polo letrado Manuel Comendador Rey, contra Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. (Allianz, a partir deste momento), representada pola Sra. procuradora María Jesús Fernández Rial e asistida polo Sr. letrado Roberto Botana Castro, Reale Seguros Generales, S.A. (en diante, Reale), representada pola Sra. letrada Marta Arnejo Grille, Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. (Xanela, a partir deste momento) Kotlas, S.L., (Kotlas, en diante) o seu administrador concursal Javier Constela Vega e o Fogasa, incomparecidos, todos eles, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte resolución:

Decido.

1º. Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Ricardo José Miranda Guimarey fronte ás entidades Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Kotlas, S.L. e Reale Seguros Generales, S. A., debo condenalas e condénoas a que conxunta e solidariamente aboen ao demandante a cifra de 39.671,44 euros, actualizada coa aplicación do IPC contabilizado desde o 22 de maio de 2007 ata o 12 de marzo de 2013. A partir do ditado da presente resolución e ata o seu completo aboamento, a cifra resultante deberá verse incrementada, se é o caso, co xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos porcentuais.

2º. Que debo condenar e condeno a Javier Constenla Vega, na súa condición de administrador concursal da entidade Kotlas, S.L. a estar e pasar pola condena imposta á aludida demandada.

3º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fogasa a estar e pasar pola condena imposta ás codemandadas.

4º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase ao recorrente que fose entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, de que, ao anunciar o recurso, deberá acompañar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente fose unha empresa ou mutua patronal que tivese sido condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez lle sexa comunicada polo xulgado.

Así por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e a Kotlas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza