Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1016/2014).

Procedemento ordinario (PO) 1016/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Ángel Manuel Abel Márquez

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Comercial Electrónica Ricardo, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Ángel Manuel Abel Márquez contra Comercial Electrónica Ricardo, S.L., sobre ordinario, rexistrado co número 1016/2014, se acordou citar a Comercial Electrónica Ricardo, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 28 de novembro de 2016 ás 11.40 horas, co fin de realizar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, quen poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírteselle de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Comercial Electrónica Ricardo, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

A secretaria xudicial