Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51168

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (960/2014).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a Marta Dionisio Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 167/2016.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 960/2014 sobre responsabilidade contractual, promovidos por instancia da mercantil Recreativos Mafari, S.A., representada polo procurador Sr. Sanjuán Fernández e asistido polo letrado Sr. Cuíñas Rodríguez, contra Marta Dionisio Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, cuxas circunstancias persoais constan suficientemente acreditadas en autos.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A., debo:

– Declarar resolto o contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva de máquinas recreativas asinado polas partes o 19 de marzo de 2014.

– Condenar a Marta Dionisio Rodríguez a aboar á mercantil Recreativos Mafari, S.A., en concepto de cláusula penal, a cantidade de 10.400 euros.

Todo isto con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselles que fronte a ela cabe recurso de apelación, cuxo coñecemento corresponde á Audiencia de Pontevedra, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asínoo.

E ao estar a dita demandada, Marta Dionisio Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza