Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (848/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de separación 848/2015 se ditou resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 523:

Vigo, 21 de outubro de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 848/2015, sobre separación matrimonial contenciosa, en que actúa como demandante Rosa María Rodríguez González, representada pola procuradora dos tribunais María Victoria Barros Estévez e con asistencia letrada de Montserrat Lorenzo Font, contra Enrique Abalde Dalmeida, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barros Estévez, en nome e representación de Rosa María Rodríguez González, contra Enrique Abalde Dalmeida, declarado en situación de rebeldía procesual, decreto a separación xudicial do referido matrimonio, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, cos seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á Sra. Rodríguez González, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o seu fillo.

Segundo. O uso da vivenda e enxoval familiar atribúeselle á Sra. Rodríguez González.

Non se fai expresa imposición de custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio, co fin de que se faga a súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos».

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte (20) días contados desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

E para que conste e sirva de notificación a Enrique Abalde Dalmeida, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza