Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (732/2014).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Pontevedra, fago saber que no procedemento, seguido por instancia de Luxe Perfil, S.L. fronte a Persianas Reysel, S.L., con data do 6 de abril de 2015, se ditou a sentenza 51/2015, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 51/2015.

Pontevedra, 6 de abril de 2015

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, vistos os presentes autos de xuízo verbal número 732/2014, seguidos por instancia de Luxe Perfil, S.L., representada pola procuradora Patricia Conde Abuín e defendida polo letrado José Luis Navarro de León, contra Persianas Reysel, S.L., en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza:

Que debo estimar parcialmente a demanda presentada pola procuradora Patricia Conde Abuín, en nome e representación de Luxe Perfil, S.L., contra Persianas Reysel, S.L., en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar a parte demandada a pagar á demandante a cantidade de 4.296,14 euros, máis o xuro legal desde a data do emprazamento.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a demandada Persianas Reysel, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma á demandada Persianas Reysel, S.L.

Pontevedra, 6 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza