Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51164

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4417/15 IP).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4417/2015 desta sección, seguido por instancia de Café Bar Chaplin, S.L. contra Delegación do Goberno en Galicia, Daniel Blanco Martínez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María Begoña López Martínez, en nome e representación da empresa Café Bar Chaplin, S.L., contra a sentenza do 31 de outubro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de A Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente fronte á Administración do Estado, Delegación do Goberno en Galicia (Área de Traballo e Asuntos Sociais) e a Daniel Blanco Martínez, sobre cantidade-reclamación ao Estado do pagamento de salarios de tramitación, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza impugnada e, con estimación parcial da demanda, debemos condenar e condenamos a Administración do Estado, Delegación do Goberno en Galicia (Área de Traballo e Asuntos Sociais) a que aboe á demandante, hoxe recorrente, a cantidade de sete mil cincocentos corenta e dous euros con catro céntimos (7.542,04 euros), máis as correspondentes cotizacións sociais, mantendo o pronunciamento absolutorio contido na citada sentenza, respecto ao traballador Daniel Blanco Martínez, sen que proceda facer imposición das custas do recurso.

Procede ordenar a devolución á empresa recorrente do depósito constituído para recorrer, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Daniel Blanco Martínez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza