Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51162

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3243/2013).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3243/2013 desta sección, seguido por instancia de Rafael Rodríguez Valiñas contra Obras y Servicios de Galicia y Asturias, S.A. (Osega), Sacyr, S.A., José Antonio Cortés, S.L., Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), Ute Carballiño, Cavosa Obras y Proyectos, S.A., Carlos Alberto Pérez Garrido, sobre outros dereitos de seguridade social, con data do 22.6.2016 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

«A sala acorda:

Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Carlos Martínez Justo, en nome e representación de Rafael Rodríguez Valiñas, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 7 de maio de 2015, no recurso de suplicación número 3243/2013, interposto por Rafael Rodríguez Valiñas, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, con data do 22 de maio de 2013, no procedemento nº 120/2013, seguido por instancia de Rafael Rodríguez Valiñas contra Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), Cavosa Obras y Proyectos, S.A., Sacyr Vallehermoso, S.A., Obras y Servicios de Galicia y Asturias, S.A. (Osega), José Antonio Cortés, S.L., Carlos Antonio Pérez Garrido e Ute Carballiño, sobre dereito e cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlos Alberto Pérez Garrido e Ute Carballiño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza