Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50170

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de novembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

A Consellería do Medio Rural publicou no DOG núm. 105, do 3 de xuño de 2016, a Orde do 20 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016. Esta orde foi modificada pola Orde do 28 de xuño de 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

O artigo 4 da Orde do 20 de maio de 2016, relativo ao financiamento das axudas, detalla a aplicación orzamentaria, o importe previsto e a distribución para cada unha das modalidades de axuda. Ademais, establece a posibilidade de destinar o remanente resultante da adxudicación dunha modalidade para conceder axudas a outra modalidade de existiren solicitudes suficientes. Estas axudas encádranse na medida 16 de cooperación e corresponden coas submedidas 16.12, axudas para a execución de proxectos de grupos operativos da AEI, e 16.20, axudas para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

Para o financiamento das axudas convocadas en virtude da Orde do 20 de maio de 2016 foi preciso asignar os importes para cada unha das anualidades das dúas modalidades de axuda de xeito estimativo, sen que fose posible predeterminar os importes que cada entidade ía solicitar con cargo a cada unha delas. Unha vez examinadas as solicitudes presentadas dentro de ambas as dúas liñas de axudas, as actuacións que se poderían desenvolver para o cumprimento do obxectivo de apoio á innovación agroforestal e a execución dun maior número de proxectos exixen a redistribución definitiva dos importes iniciais entre as anualidades de cada unha das modalidades de axuda que financian esta convocatoria de subvencións. Este reaxuste de anualidades redundará así en beneficio do sector e dos colectivos destinatarios.

O punto 9.2 do anexo 1 e o punto 8.1 do anexo 2 da dita Orde do 20 de maio de 2016 regulan o prazo para xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, con datas límite do 31 de outubro nas anualidades 2016 e 2017, e do 30 de outubro nas anualidades 2016 e 2017, respectivamente, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.

O primeiro parágrafo do punto 9.2 do anexo 1 da dita orde foi modificado pola Orde do 28 de xuño de 2016 e queda redactado do seguinte xeito:

«As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de novembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor, de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamento (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

O primeiro parágrafo do punto 8.1 do anexo 2 da dita Orde do 20 de maio de 2016 foi modificado pola Orde do 28 de xuño e queda redactado do seguinte xeito:

«A entidade beneficiaria deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de novembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamentos (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

Debido á complexidade da análise das solicitudes, así como ao procedemento necesario para poder aprobar a redistribución de anualidades obxecto desta orde, cómpre modificar o punto 1 do artigo 4 e a data de xustificación prevista no punto 9.2 do anexo 1, no punto 8.1 do anexo 2 da Orde do 20 de maio de 2016, modificada pola Orde do 28 de xuño.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 20 de maio de 2016 (DOG núm. 105, do 3 de xuño) e da Orde do 28 de xuño de 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo), pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016

Un. Modifícase o punto 1 do artigo 4, que queda redactado do seguinte xeito:

«O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0, código de proxecto 201600217, para a submedida 16.20, e 201600417 para a submedida 16.12, por un valor total de 3.297.023,08 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 1.813.362,70 euros en 2016 e 1.483.660,38 euros en 2017.

Así mesmo, haberá a seguinte distribución para cada unha das dúas modalidades de axuda:

a) Axudas para a execución de proxectos de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación (AEI), baixo a submedida 16.12, en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas e forestal, por un importe de 1.648.511,54 euros, repartidos en 906.681,35 euros para o ano 2016 e 741.830,19 euros para o ano 2017.

b) Axudas para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, baixo a submedida 16.20, por un importe de 1.648.511,54 euros, repartidos en 906.681,35 euros para o ano 2016 e 741.830,19 euros para o ano 2017.

De non ser adxudicado o total da axuda destinada a unha das modalidades por falta de solicitudes, o remanente resultante poderase destinar para conceder axudas á outra modalidade, de existiren solicitudes suficientes.

Existe crédito adecuado e suficiente no orzamento da Comunidade Autónoma para o ano 2016. A concesión de subvencións imputadas ao exercicio correspondente ao ano 2017 está condicionada á existencia de dotación económica suficiente en cada momento».

Esta redistribución dos importes por anualidades non precisa de nova convocatoria. Así mesmo, a modificación obxecto da presente orde da Orde do 20 de maio de 2016, non implica a apertura de novo prazo de presentación de solicitudes.

Dous. Modifícase o primeiro parágrafo do punto 9.2 do anexo 1, que queda redactado do seguinte xeito:

«As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 12 de decembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor, de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamento (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

Tres. Modifícase o primeiro parágrafo do punto 8.1 do anexo 2, que queda redactado do seguinte xeito:

«A entidade beneficiaria deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 12 de decembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor, de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamentos (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural