Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50168

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 148/2016, do 13 de novembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

Establecida a configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 146 /2016, do 13 de novembro, procede o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, número 1, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

– Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda.

– Beatriz Mato Otero, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

– Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

– Francisco José Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

– Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade.

– José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social.

– Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira do Medio Rural.

– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.

Santiago de Compostela, trece de novembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente