Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50175

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN conxunta do 24 de outubro de 2016, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante resolución conxunta do 1 de xuño de 2016 (DOG nº 125, do luns 4 de xullo) convocáronse os premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 11 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 12, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto Consum-Illas: Con- vivo+, realizado polo Colexio de Educación Infantil e Primaria Illas Cíes de Vigo.

Facendo uso da posibilidade prevista no artigo 11.4 da convocatoria, declarar desertos os premios para as categorías B (alumnado de educación secundaria obrigatoria) e C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas) ao non presentarse ningún proxecto nestas dúas categorías.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego
de Consumo

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria