Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO do 12 de setembro de 2016 da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta.

Por acordo do Pleno do 30 de agosto de 2016 foi aprobado definitivamente o Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do plan de sectorización no Boletín Oficial da provincia de Lugo, todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello».

Contra o anterior acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, ben recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante o Pleno deste Concello de conformidade cos artigos 116 e 117 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cospeito, 12 de setembro de 2016

Armando Castosa Alvariño
Alcalde