Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría das unidades edificatorias 150110 e 150111 do PEPRI na Rúa Nova, 115-117.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 7 de setembro de 2016, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e concreción estética e composición edificatoria das unidades edificatorias 150110 e 150111 (Rúa Nova, 115-117) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por José Vicente Tato Pardo.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 15 de setembro de 2016

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal