1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Teléfono: 988 26 93 33.
5º. Fax: 988 22 14 94.
6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
d) Número de expediente: 2015027974 (ref. 2386).
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: contratación do servizo de xestión do centro de visitantes do Parque de Montealegre.
c) Lugar de execución: Concello de Ourense.
d) Prazo de execución: dous anos.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 79993100-2.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
– Oferta económica: 100 puntos.
4. Orzamento base de licitación.
a) Valor estimado do contrato: 90.068,00 euros.
b) Tipo de licitación:
Importe neto: 11,00 euros/hora. IVE: 2,31 euros. Importe total: 13,31 euros/hora.
5. Garantías exixidas.
a) Definitiva: 2.251,70 euros.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 16 (doc. 5) do prego de condicións.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16 (doc. 4) de prego de condicións.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: rexistro xeral.
2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade.
O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 27 de outubro de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde