Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (PO 697/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 697/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José da Torre Carro contra a empresa Daviña Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 4.7.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación de cantidade presentada por José da Torre Carro contra Daviña Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación e xuízo para o día 17.10.2016 ás 13.00 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, terase por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a José da Torre Carro da súa demanda de reclamación de cantidade contra Daviña Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (art. 188 da LXS). O recorrente que non tiver a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código "31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza". Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación "recurso" seguida do "31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Daviña Sociedad Limitada, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza