Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 849/2013).

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de outubro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 3 de setembro de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1 demanda de cantidade presentada por Tiago Mojón González fronte a Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L. e Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 25 de outubro de 2016 ás 13.30 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, teráselle por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparecese nin alegase xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, a letrada da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Alternativamente, a aplicación subsidiaria da LAC en canto á desistencia expresa do demandante debe entenderse segundo o que dispón o artigo 20.2 desta, con independencia da distinta canle procesual que deba seguirse. No caso da xurisdición social, e tratándose dun procedemento sometido plenamente ao principio de oralidade, tras a manifestación expresa do demandante de desistir da súa demanda, debe concluírse coa necesidade de ditar a resolución a que se refire o artigo 20.3 da LAC, ao non constar oposición expresa da contraparte.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Tiago Mojón González da súa demanda de cantidade fronte a Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L. e Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un enderezo e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O enderezo e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida na devandita resolución a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza