Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 698/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 698/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Fernando Carballal Cabanas contra a empresa Daviña, Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 4.7.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1, demanda de reclamación de cantidade presentada por José Fernando Carballal Cabanas fronte a Daviña, Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación e, en caso de non avinza, de xuízo para o día 17.10.2016 ás 12.30 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación, non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, teráselle por desistido da súa demanda, (artigo 83.2 LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparecese nin alegase xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, lle terán por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistido a José Fernando Carballal Cabanas da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Daviña, Sociedad Limitada e o Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Daviña, Sociedad Limitada, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza