Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48090

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (239/2012).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por medio do presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Ignacio Lago Martínez fronte á herdanza xacente de José Luis Sio Doural ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 151/2016.

Pontevedra, 6 de setembro de 2016

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 239/2012 por instancia de Ignacio Lago Martínez, representado pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández e asistido polo letrado Sr. Arias Santos, fronte á herdanza xacente de José Sio Doural, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández en nome e representación de Ignacio Lago Martínez contra a herdanza xacente de José Luis Sio Doural; e condeno a herdanza xacente de José Luis Sio Doural a que lle aboe a Ignacio Lago Martínez a cantidade de 180.303,64 euros, máis os xuros desta suma ao 12 % da seguinte forma a metade de 90.151,82 euros desde o 8 de marzo de 2006, e a outra metade de 90.151,82 euros desde o 8 de marzo de 2007, en ambos os casos ata o seu pagamento completo.

As custas procesuais impóñenselle á herdanza xacente de José Luis Sio Doural.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días perante este xulgado.

Comuníqueselle tamén esta sentenza á Xunta de Galicia.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño suficiente».

Así por esta sentenza o pronuncio e mando, e encontrándose o dito demandado, herdanza xacente de José Luis Sio Doural, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 6 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza