Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48092

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (699/2015).

Neste órgano xudicial tramítanse autos de xuízo verbal 699/2015, seguido por instancia de José María Escudero Tomás, contra Teresa Sánchez Castro, con último domicilio coñecido en Vigo de Sarria, Sarria, sobre reclamación de cantidade, nos cales se acordou notificar a seguinte sentenza á parte demandada, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza.

Sarria, 13 de xullo de 2016.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo verbal 699/2015 iniciado tras a interposición de demanda por José María Escudero Tomás, en nome propio, baixo a dirección letrada de María José Rigueiro Arias, contra Teresa Sánchez Castro, en situación procesual de rebeldía, ditou a seguinte sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José María Escudero Tomás contra Teresa Sánchez Castro.

En consecuencia, debo condenar e condeno a Teresa Sánchez Castro a aboarlle a José María Escudero Tomás a cantidade de 1.829,67 euros.

As custas deberá aboalas a demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria.

Para que sirva de notificación en forma á demandada Teresa Sánchez Castro, expido e asino este edicto.

Sarria, 20 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza