Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1205/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1205/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Veiga Allo contra María Isabel Pérez Castiñeira sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Noelia Veiga Allo, contra a empresaria individual María Isabel Pérez Castiñeira e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual María Isabel Pérez Castiñeira a que aboe á demandante a cantidade de 3.395,21 € brutos, por salarios devindicados entre novembro de 2013 e o 5 de febreiro de 2014, ambos os dous inclusive, e a cantidade de 5.359,20 € brutos por horas extraordinarias, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada deste Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma a María Isabel Pérez Castiñeira, NIF 76368429N, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza