Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 624/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 624/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua colaboradora da S.S. nº 201, contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Martín Proyectos Instalaciones y Montajes, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña.

Sentenza: 430/2016.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Seguridade Social 624/2015.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Torrado Oubiña.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrada: Sra. García Sánchez.

– Martín Proyectos Instalaciones y Montajes, S.L.

Letrado:

Sentenza nº 430/2016.

A Coruña, 29 de setembro de 2016.

Decido:

– Estimar a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e

1. Condeno a empresa Martín Proyectos Instalaciones y Montajes, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria prestada ao traballador Juan Alberto Villar Sueiras, derivados do accidente de traballo acontecido o día 26.12.2012 e que ascende á suma total de 2.421,34 euros, que comprende 2.101,08 euros en concepto de asistencia sanitaria; 315,21 euros por gastos de locomoción e 5,05 euros en concepto de gastos farmacéuticos, cantidades que a citada empresa debe reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social de acordo co artigo 126 da LXSS.

2. Condeno o INSS, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á Mutua da cantidade de 2.421,34 euros.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Martín Proyectos Instalaciones y Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza