Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48088

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (PO-4306-2010).

Procedemento: PO (procedemento ordinario) 4306/2010-E

Sobre urbanismo

De Manuel Vázquez Vázquez, S.L., Mafcar Distribuciones, S.L., Dicarpe Transportes, S.L., Rías Altas Expres, S.L., Galitráns 96, S.L.

Avogado: Raúl Varela Barros

Procuradora: Sara Losa Romero

Contra: Concello de Arteixo, Concello de Culleredo, Consello da Xunta, letrado da Comunidade, letrado do concello. Letrada da Xunta de Galicia

María Elena Villafañe Verdejo; María de las Nieves Fuentes Bermejo. Letrada da Xunta de Galicia

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse expedir a presente cédula a fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo no 5.7.2016.

Texto. Sentenza. «Parte dispositiva. Por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu: 1º. Declarar ter lugar ao recurso de casación nº 1571/2015 interposto por Manuel Vázquez Vázquez, S.L., e outros contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 29 de xaneiro de 2015, ditada no recurso nº 4306/2010 e, en consecuencia, anulamos a dita resolución. 2º. Estimar o citado recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Vázquez Vázquez, S.L. e outros contra o acordo de publicación do Concello de Culleredo da normativa do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, que tivo lugar no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 79, do 29 de abril de 2010, que se anula por non ser conforme dereito. 3º. Non facemos condena en custas, nin no presente recurso de casación nin nas producidas na instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada por Mariano de Oro-Pulido y López, estando constituída a sala en audiencia pública, o cal certifico».

A Coruña, 5 de outubro de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza