Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1051/2015).

Procedemento ordinario 1051/2015

Sobre: ordinario

Demandante: José Manuel Sánchez Murujosa

Avogado: José María Padin Viaño

Demandados: Inpermetal Componentes y Accesorios, S.L., Fondo de Garantía Salarial

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1051/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Sánchez Murujosa contra Inpermetal Componentes y Accesorios, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Sánchez Murujosa contra a entidade Inpermetal Componentes y Accesorios, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Inpermetal Componentes y Accesorios, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.575,98 € brutos por salarios devindicados entre xuño e outubro de 2015, con inclusión da parte proporcional de pagas extras e compensación económica por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Inpermetal Componentes y Accesorios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza