Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1007/2015).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1007/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Concepción González Sarria contra Viasan Servicios, S.L., Andrés Costa Pérez e Jesús Varela Ferreiro, sobre despedimento, se ditou Resolución do 5.8.2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Concepción González Sarria contra Viasan Servicios, S.L., Andrés Costa Pérez e Jesús Varela Ferreiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza