Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (929/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 929/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Avelino Barallobre Núñez contra a empresa José Vilasoa Lago, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 929/2013, sendo parte neste, dun lado como demandante, Avelino Barallobre Núñez, asistido polo letrado Felipe Andreu Barallobre, e como demandada a empresa José Vilasoa Lago, S.A. e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda lle correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Avelino Barallobre Núñez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa José Vilasoa Lago, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.964,50 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Vilasoa Lago, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2016

A secretaria xudicial