Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47270

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1182/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1182/2016 GA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 829/2013. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Gerardo Muíño Fraguela

Avogada: Sonia González Valcarce

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Manuel Martínez Álvarez, José Manuel Jesús Fragueiro Sedes, Arturo Bellón Díaz, José Rodríguez Rodríguez, Elías Bellón Díaz

Avogado/a: Servizo Xurídico Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1182/2016 desta sección, seguido por instancia de Gerardo Muíño Fraguela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Manuel Martínez Álvarez, José Manuel Jesús Fragueiro Sedes, Arturo Bellón Díaz, José Rodríguez Rodríguez e Elías Bellón Díaz, sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto por Gerardo Muíño Fraguela contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña o 18 de xuño de 2015, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e, con estimación da demanda inicial formulada polo recorrente, debemos declarar e declaramos o seu dereito á percepción da pensión de xubilación con efectos do 19 de marzo de 2013, e condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social demandado ao seu recoñecemento e aboamento nos termos legalmente procedentes, coa absolución dos codemandados Manuel Martínez Álvarez, José Manuel Jesús Fregueiro Sedes (falecido), Arturo Bellón Díaz (falecido), José Rodríguez Rodríguez (falecido) e Elías Bellón Díaz (falecido), ao careceren de capacidade para ser parte.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Jesús Fragueiro Sedes, Arturo Bellón Díaz e José Rodríguez Rodríguez, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza