Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47269

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de outubro de 2016 pola que se declara apto na fase de prácticas Fernando Suárez Míguez, opositor que superou o procedemento selectivo de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

A Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril) pola que se convoca proceso selectivo para acceso e ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, establece na súa base décimo cuarta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

A Orde do 24 de xullo de 2015 (DOG do 3 de agosto) que modifica a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, especialidade construcións civís e edificación, entre outros, convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010, incluíu como opositor que superou os procedementos selectivos de ingreso e acceso no citado corpo e especialidade e nomeou como funcionario en prácticas a Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Único. Declarar apto na fase de prácticas a Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria