De conformidade co artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela, coas seguintes características:
– Actividade: xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre entidades públicas pertencentes ao sector público autonómico dotadas de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: un ano, contado desde a súa sinatura, ata o día 20 de setembro de 2017. O dito prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que algunha das partes exprese a vontade da súa resolución.
– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes, mutuo acordo ou denuncia por causas de interese público, por instancia de calquera das partes.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia