Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46793

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO de notificación de sentenza (533/2013).

Patricia López Cousillas, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Marín,

Anuncio:

Que no presente procedemento sobre alimentos e garda e custodia 533/2013 seguido por instancia de María Soledad de los Santos de la Gracia contra José Manuel dos Anjos Augusto, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido

Que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Carmen Torres Álvarez en nome e representación de María Soledad de los Santos de la Gracia contra José Manuel dos Anjos Augusto, se establecen as seguintes medidas reguladoras das relacións paterno-materno filiais das partes co seu fillos menores en común, Moisés dos Anjos de los Santos e Samuel dos Anjos de los Santos:

1º. Atribúese a garda e custodia dos fillos menores á nai, quedando compartida a patria potestade.

2º. Establécese, para o caso de que mostrase interese por continuar a relación cos seus fillos, un réxime de visitas a favor do pai consistente en que este poida ter na súa compañía os seus fillos menores:

– Na tarde dos mércores, desde que os menores saian do centro escolar durante o curso escolar e desde as 16.00 horas durante as vacacións escolares ata as 20.00 horas, debendo recoller o pai os menores no centro escolar durante o curso escolar e no domicilio materno durante as vacacións escolares e reintegralos, en todo caso, ao domicilio materno.

– Os sábados alternos desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas, debendo recoller e reintegrar os menores ao domicilio materno.

3º. Fíxase unha pensión de alimentos a favor de cada un dos fillos menores e a cargo do pai, en contía de 125 euros ao mes (250 euros en total), que deberá ser ingresada dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a nai e que se actualizará anualmente, cada primeiro de xaneiro, conforme o índice de prezos de consumo.

4º. Que os gastos extraordinarios dos fillos serán satisfeitos ao 50 % por ambos os proxenitores.

Todo isto sen expresa condena en custas a ningunha das partes.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, sacando previamente testemuño literal desta para a súa unión aos autos.

Así o acordo, mando e asino.»

E encontrándose o dito demandado, José Manuel dos Anjos Augusto, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Marín, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial