Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46791

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1348/2016-M).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1348/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 586/2014 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Manuel López Rey

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Mantenimientos Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. (Maessa), Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Galmexco, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Laura Otero Rodríguez, María del Carmen Orjales Mariño, María de los Ángeles Gómez Lage …

Procuradores: Mónica Insua Beade…

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1348/2016, seguido por instancia de Manuel López Rey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Mantenimientos Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. (Maessa), Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Galmexco, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di así:

«Decisión: que desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel López Rey contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en xuízo instado polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, Mutua de Accidentes de Trabajo, mutua Fremap, Maessa, Servizo Galego de Saúde e Galmexgo e Fogasa, a sala confírmaa plenamente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galmexco, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza