Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46795

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (328/2015).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución do 13 de setembro de 2016, dirixida a Camisas Gala, S.L., contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Camisas Gala, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

María Blanco Aquino
A letrada da Administración de xustiza