Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46445

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 127/2016).

ETX execución de títulos xudiciais 127/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 840/2015

Sobre despedimento

Demandante: Aurora Martis Sobrido

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandada: Segur Euskal Security, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 127/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Aurora Martis Sobrido contra a empresa Secur Euskal Security, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto e dilixencia de ordenación en data do 16 de setembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Aurora Martis Sobrido fronte a Segur Euskal Security, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

E a dilixencia de ordenación:

«Despois de presentar a traballadora Aurora Martis Sobrido exixindo o cumprimento polo empresario Segur Euskal Security, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 16 de setembro de 2016, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 25.10.2016 ás 9.15 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente se lle terá por desistida na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

En canto á proba proposta de interrogatorio do representante de Secur Euskal Security, S.L., e a documental solicitada, cíteselle por medio de edictos, cos apercibimentos legais e requírase para que achegue os xustificantes de aboamento dos salarios de tramitación, sen prexuízo de admitir as referidas probas na comparecencia sinalada.

Así mesmo, acordo a citación do/s demandado/s por medio de edictos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E, para que sirva de notificación a Secur Euskal Security, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

A letrada da Administración de Xustiza