Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 127/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mª Aurora Martis Sobrido, contra Secur Euskal Security, S.L., na ETX 127/2016 acordouse citar a Secur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 de Santiago de Compostela o día 25 de outubro de 2016 ás 9.15 horas para a celebración de comparecencia, podendo comparecer mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que o devandito acto non se suspenderá por falta inxustificada de asistencia.

Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

En canto á documental solicitada, deberá achegar os xustificantes de aboamento dos salarios de tramitación.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de citación e requirimento a Secur Euskal Security, S.L., expídese a presente cédula.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

A secretaria xudicial