Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (59/2016).

ETX. Execución de títulos xudiciais 59/2016

Procedemento orixe: procedemento ordinario 402/2014

Sobre ordinario

Demandante: Eduardo Fontao Gómez

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandada: Copas, Sociedad Cooperativa Gallega

Declaración de insolvencia

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 59/2016, por instancia de Eduardo Fontao Gómez contra a executada Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 19 de setembro de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total por importe de 5.257,04 euros de principal máis 721,58 euros en concepto de xuros de mora máis 597,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza