Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 59/2016).

Execución de títulos xudiciais 59/2016

Procedemento orixe: procedemento ordinario 402/2014

Sobre ordinario

Demandante: Eduardo Fontao Gómez

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandado: Copas, Sociedade Cooperativa Galega

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 59/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Fontao Gómez, contra a empresa Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 19 de setembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Copas, Sociedad Cooperativa Gallega en situación de insolvencia total por importe de 5.257,04 euros en concepto de principal, máis 721,58 euros en concepto de xuros de demora, máis 597,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á publicación da insolvencia no DOG.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, por medio de edictos no DOG, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0059 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0059 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, expido o presente.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza