Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46102

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (162/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Sarria, 13 de xullo de 2016.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo verbal 162/2016, iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora Reyes Abella García, en nome e representación de María José Rigueiro Arias, avogada que asumiu a súa propia defensa neste preito, contra Benigno López Pereira, Manuela López López, José López López e Juana López López, todos eles en situación procesual de rebeldía, procedín a ditar a seguinte sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Reyes Abella García, en nome e representación de María José García Arias.

En consecuencia, que debo condenar e condeno a Benigno López Pereira, Manuela López López, José López López e Juana López López a abonar á demandante as seguintes cantidades:

Por Benigno López Pereira: 552,38 euros.

Por Manuela López López: 540,11 euros.

Por José López López: 540,11 euros.

Por Juana López López: 540,11 euros.

As custas deberán ser aboadas polos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que é recorrible en apelación. Tal recurso deberase interpoñer perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación da sentenza. Se é o caso, será resolto pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así o acorda, manda e asina, Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria.

Auto:

Sarria, 18 de xullo de 2016.

Feitos.

Único. Ditada sentenza no xuízo verbal número 162/2016, constatouse a existencia dun erro manifesto na decisión da resolución.

Fundamentos de dereito.

Primero. A Lei orgánica do poder xudicial permite a corrección dos erros materiais manifestos contidos nas resoluciones xudiciais.

Segundo. No xuízo verbal número 162/2016 interveu como única parte demandante María José Rigueiro Arias. A sentenza estimou integramente a demanda, aínda que na decisión da sentenza, en lugar de Rigueiro, figura como primeiro apelido García. Tal erro respecto da identidade da demandante debe ser corrixido.

Decido:

Corríxese o erro material contido na decisión da sentenza do 13 de xullo de 2016, ditada no xuízo verbal 162/2016.

Na devandita decisión, a mención a María José García Arias debe ser substituído por María José Rigueiro Arias.

Notifíquese esta resolución, facendo saber que non é recorrible.

Así o acorda, Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Benigno López Pereira, Manuela López López, José López López e Juana López López, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza