Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46099

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (147/2015).

Sarai Paniagua Aceira, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo do Xulgado de Familia de Vigo.

Certifico: que neste xulgado se tramitan autos de xuízo de more uxorio número 147/2015, nos que se ditou a seguinte:

Sentenza nº 355

En Vigo o dez de xuño de dous mil dezaseis.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 147/2015 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Miriam López Crispin, representada polo procurador dos tribunais Pedro Lanero Táboas, e con asistencia letrada de Celestino Rodríguez Cao, contra Celso Rodríguez Cao, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministero Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido.

Na demanda interposta que o procurador dos tribunais Sr. Lanero Taboas, en nome e representación de Miriam López Crispin, contra Celsa Rodríguez Cao, declarada en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta facendo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúese á Sra. López Crispín, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Rodríguez Cao poderá estar e gozar da compañía dos seus fillos cando ambos os proxenitores así o conveñan, e en defecto de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para o seu fillo, o Sr. Rodríguez Cao aboará a cantidade de 300 euros ao mes, que ingresará na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos ao consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán pro metade os gastos extraordinarios que xeren o menor, entre os que se atopan os médicos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Da resolución antes indicada ditouse auto aclaratorio que na parte dispositiva di:

Complétase a sentenza con data do 10 de xuño de 2016 no sentido de incluír:

No pronunciamento segundo da decisión, que a obrigación do Sr. Rodríguez Cao de aboar a pensión de alimentos a favor dos seus fillos se debe entender desde a data de interposición da demanda.

No pronunciamiento terceiro da decisión, que o Sr. Rodríguez Caso está obrigado a pagar a cantidade de 66,80 euros correspondentes á metade da factura do dentista da súa filla Andrea López Nicolás.

Corríxese a referida sentenza no sentido de que no encabezamento da sentenza onde di: “Celestino Rodríguez Cao”, debe dicir: “Celestino Fernández Miranda” e no fundamento de dereito cuarto onde di: “o Sr. López”, debe dicir: “o Sr. Rodríguez Cao”.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Este auto é firme e contra este non cabe recurso, sen prexuízo do procedente contra a sentenza a que se refire este auto nos termos previstos no artigo 215.4 da Lei de axuizamento civil.

Así, por este auto, do que se expedirá testemuño para a súa constancia en autos, acórdao, mándao, asínao, María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Vigo. Dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Celso Rodríguez Cao, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza