Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 141/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 141/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Javier López Cozar contra Instalaciones Xacobeo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela o doce de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Luis Javier López Cozar presentou escrito de solicitude da execución da sentenza nº 174/16 do 23.6.2016, pronunciada no procedemento ordinario 258/13, contra Instalaciones Xacobeo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que debe despacharse esta de conformidade o disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 5.117,36 euros en concepto de principal (3.560,14 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, máis 1.457,22 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 100 euros en concepto de honorarios do letrado) e de 511,73 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído, no caso de execución monetaria, o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedar constituído ou, se for o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, pronunciado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 174/16 do 23.6.2016, pronunciada no procedemento ordinario 258/13, a favor da parte executante, Luis Javier López Cozar, contra Instalaciones Xacobeo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), parte executada, polo importe de 5.117,36 euros en concepto de principal (3.560,14 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, máis 1.457,22 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 100 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 511,73 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que sexa admisible a compensación de débedas como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza                A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela o doce de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Luis Javier López Cozar presentou demanda de execución de sentenza nº 174/16 do 23.6.2016 ditada no procedemento ordinario 258/13, contra Instalaciones Xacobeo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. No 12.9.2016 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 5.117,36 euros en concepto de principal (3.560,14 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, máis 1.457,22 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 100 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 511,73 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Instalaciones Xacobeo, S.L., realizada por decreto do data 6.6.2014, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 6/13, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non padeza ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, foi ditada por auto desta data, e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se for o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para considerar a súa pervivencia noutras execucións, e pódese ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para sinalaren a existencia de novos bens, se for o caso. Por isto, e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s, adóptase a seguinte resolución:

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á consideración na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Instalaciones Xacobeo, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Luis Javier López Cozar e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para poderen sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., indicando no campo do concepto “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Xacobeo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza