Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1045/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1045/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua colaboradora coa S.S. nº 201, contra a empresa Herbrey, S.L., Vicente Prieto García, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

Na Coruña o catorce de setembro de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1045/2014 en que son parte, dun lado como demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Pablo Torrado Oubiña, e como demandados Vicente Prieto García, representado polo procurador Alejandro Reyes Paz; o INSS e a TXSS, representada pola letrada Belén Guerra Díaz, e a mercantil Herbey, que non compareceu, sobre revisión de incapacidade permanente, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herbrey, S.L. e Vicente Prieto García, debo revogar a resolución do INSS, e acórdase, no seu lugar, que o beneficiario non se encontra afecto de IP total con efectos do 10.7.2014, por melloría, e condénanse os demandados a estar e pasar por tal declaración e ás consecuencias inherentes, con devolución á Mutua demandante da cantidade que corresponda do capital custo no seu día constituído.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Herbrey, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza