Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (996/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 996/2013, por instancia de Luciano Patiño Riveiro contra a empresa Rofe Innovaciones, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza do 12.9.2016, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo que se acepta demanda formulada por Luciano Patiño Riveiro fronte á empresa Rofe Innovaciones, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Rofe Innovaciones, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil catrocentos vinte e dous euros con oitenta e dous céntimos de euro (3.422,82 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Rofe Innovaciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

A secretaria xudicial