Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (967/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 967/2013 por instancia de Javier Fernández Peón contra Centro Informático Profesional Ordes, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza en data 8 de setembro de 2016, que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

A Coruña, 8 de setembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data do 18 de xullo de 2016 se ditou sentenza nos presentes autos, polo que se admitía a demanda interposta por Javier Galván Carballo.

Segundo. Que a representación da parte demandante presentou escrito con data do 4 de agosto de 2016 en que se solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no dito escrito.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: «Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderanse facer de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acórdase que procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, a decisión da sentenza quedará do teor literal seguinte:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Javier Fernández Peón fronte á empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil novecentos oitenta e seis euros con vinte e nove céntimos de euro (2.986,29 euros). Os conceptos salariais devindican os xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina. Dou fe.

Maxistrado xuíz. Letrado da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza