Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45977

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a colaboración na realización de traballos relacionados coa normalización, xeolocalización e difusión da toponimia galega.

Fixar as bases de colaboración e cooperación técnica entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística; a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), consistente na participación conxunta e efectiva no desenvolvemento das actividades en común para a colaboración na realización de traballos relacionados coa normalización, xeolocalización e difusión da toponimia galega.

28.936,85 €

13.5.2016

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, relativo á convocatoria dun concurso para o desenvolvemento dunha guía de cor e materiais nas doce grandes áreas paisaxísticas do Catálogo das paisaxes de Galicia.

Establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para os efectos de elaborar a guía de cor e materiais nas doce grandes áreas paisaxísticas definidas no Catálogo das paisaxes de Galicia.

A finalidade da guía é a redacción duns criterios e directrices técnicas, científicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e dos materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas e rururbanas das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.

163.350 €

21.6.2016