Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45708

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas

EDICTO (456/2013).

Eu, José Ignacio Rodríguez Iriarte, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de divorcio contencioso 456/2013, seguidos por instancia de Celestino Costa Amoedo fronte a Lia Syara Aini, en que se ditou sentenza con data do 14.10.2015, cuxos antecedente de feito e resolución din o seguinte:

«Sentenza

Ponteareas 14 de outubro de 2015.

Vistos por min, Mª Enriqueta Sanmartín Carbón, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas, as presentes actuacións de divorcio contencioso, seguidas ante este xulgado co nº 456/2013, en que foron partes como demandante Celestino Costa Amoedo, representado polo procurador dos tribunais José Benito Varela y García-Ramos e asistido da letrada Mónica Moreno Selvi, e como demandada Lia Syara Aini, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal representada por Mª del Pilar García Domínguez.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A representación procesual de Celestino Costa Amoedo presentou, con data do 7 de outubro de 2013, demanda de divorcio contencioso fronte a Lia Syara Aini, que se remitiu a este xulgado, na cal tras alegar os feitos que considerou convenientes e os fundamentos de dereito que creu de pertinente aplicación, terminou suplicando que se ditase sentenza pola cal se declarase o divorcio entre os cónxuxes, cos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e coa adopción das medidas solicitadas.

1º. A atribución da garda e custodia da filla menor de idade á nai, sendo a patria potestade compartida por ambos os cónxuxes. Establecemento dun réxime de visitas a favor do pai, consistente nun mes en verán que elixirá o pai e quince días en Nadal, entre os meses de decembro e xaneiro todos os anos, que determinará o pai en función do seu traballo e das vacacións escolares da menor.

2º. A atribución a Celestino Costa Amoedo do uso e desfrute da vivenda conxugal.

3º. Que se fixe unha pensión de alimentos para a menor e a cargo do pai de 200 € mensuais, e se aboen por metade os gastos extraordinarios e os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, cos documentos e copias que se achegaban con ela, ordenouse dar traslado dela ao Ministerio Fiscal, que contestou en tempo e forma, e á demandada, que foi emprazada por medio de edictos, en virtude do establecido nos artigos 156.4 e 164 da LAC, para que a contestase no prazo de vinte días hábiles computados desde o seguinte ao do emprazamento. Ao non comparecer nin contestar en tempo e forma, foi declarada en situación procesual de rebeldía.

Terceiro. Convocadas as partes para a celebración da vista, esta tivo lugar o día 13 de outubro de 2013. Compareceron o Ministerio Fiscal, a parte demandante, que se afirmou e ratificou na súa demanda, e modificou a contía da pensión de alimentos a 150€, e non compareceu a demandada malia estar debidamente citada. Unha vez recibido o xuízo a proba, practicouse a admitida, co resultado que consta en autos e na gravación correspondente.

Cuarto. Na tramitación do presente procedemento observáronse as prescricións legais».

(… Seguen antecedentes de feito).

«Resolución:

Que estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Varela y García-Ramos, en nome e representación de Celestino Costa Amoedo, fronte á súa esposa Lia Syara Aini, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por ambos os cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Quedan revogados todos os consentimentos e poderes que calquera deles lle outorgase ao outro. Acordáronse, igualmente, as seguintes medidas:

1º. A atribución da garda e custodia da filla menor de idade, Lorena, á nai, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

Establécese un réxime de visitas a favor do pai consistente en que poderá ter a súa filla un mes no verán, que elixirá o pai, e quince días en Navidad, entre os meses de decembro e xaneiro, todos os anos, que determinará o pai en función do seu traballo e das vacacións escolares da menor.

2º. A atribución do uso e desfrute do domicilio conxugal a Celestino Costa Amoedo.

3º. Establécese unha pensión de alimentos a favor da menor e a cargo do pai de 150 € mensuais, cantidade que deberá ser aboada os 5 primeiros días de cada mes na conta que se designe para tal efecto. Estas cantidades actualizaranse anualmente, con efectos a principio de cada ano, de acordo coa variación experimentada polo índice de prezos de consumo publicado no Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa. Aboaranse os gastos extraordinarios por metade e os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social.

Declárase disolto o réxime económico matrimonial.

Non se fai expresa imposición en materia de custas.

En canto sexa firme a presente resolución, notifíquese ao Rexistro Civil Central de Madrid, onde está inscrito o matrimonio, no tomo 02152, páxina 073, da sección 2ª, para a súa anotación marxinal.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme pois contra ela cabe recurso de apelación, que se preparará ante o presente xulgado no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación, que non terá efecto suspensivo das medidas acordadas.

(…)

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinado por Mª Enriqueta Sanmartín Carbón, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas.

E, ao estar a demandada Lia Syara Aini en situación procesual de rebeldía, en virtude do establecido no artigo 497 da LAC, notifícaselle a dita resolución por medio do presente edicto, que expido e asino.

Ponteareas, 28 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza