Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45706

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1285/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1285/2016

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 782/2014. Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: José María Castro Seijo

Avogado: Jesús Manuel Puñal Souto

Recorrido: Fraternidad Muprespa

Avogada: María Emma Ojea Castro

Recorrida: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Recorrida: Construcciones Inocor, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1285/2016 desta sección, seguidos por instancia de José María Castro Seijo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fraternidad Muprespa y Construcciones Inocor, S.L., sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José María Castro Seijo contra a sentenza do 27.11.2015, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, nos autos nº 782/2014 sobre reclamación de continxencia profesional, instados polo aquí recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Trabajo nº 275 La Fraternidad Muprespa e a mercantil Construcciones Inocor, S.L., confirmamos a resolución impugnada. Débeselle dar aos depósitos e consignacións, se houber, o destino legal correspondente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Inocor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza