Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro

EDICTO de notificación de sentenza (439/2015).

Eu, Marta Berta García Roces, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Viveiro,

Anuncio:

Que no presente procedemento de familia (garda, custodia e alimentos) núm. 439/2015, seguido por instancia de Mercedes Luisa Marrero González contra Miguel Rentero Pina foi ditada a sentenza núm. 21/16 da cal, entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto, tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

«Sentenza nº 21/16.

Viveiro, 18 de febreiro de 2016

Vanessa María Formoso Castro, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, examinadas as actuacións, pronunciou a seguinte sentenza:

Foron vistos os presentes autos de procedemento de garda, custodia e alimentos nº 439/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Mercedes Luisa Marrero González, representada pola oficial habilitada Sra. Parapar, en substitución da procuradora Sra. Rodríguez Mera e defendida pola letrada Sra. Hermida Cupeiro, contra Miguel Rentero Pina, non comparecido e declarado en rebeldía.

Interveu o Ministerio Fiscal en defensa do interese da filla menor.

(…)

Decido:

Estimar a demanda interposta por Mercedes Luisa Marrero González, representada pola oficial habilitada Sra. Parapar, en substitución da procuradora Sra. Rodríguez Mera e defendida pola letrada Sra. Hermida Cupeiro, contra Miguel Rentero Pina, non comparecido e declarado en rebeldía, e aprobo as seguintes medidas definitivas:

– Atribución da garda e custodia da filla menor á nai, sendo a patria potestade compartida.

Establecemento dun réxime de visitas a favor do pai:

– O terceiro fin de semana de cada mes, comezando o inmediato seguinte á notificación da sentenza, desde as 20 horas do venres ata as 20 horas do domingo, debendo recollela no domicilio materno e devolvéndoa a este nas horas indicadas.

– Os períodos de vacacións repartiranse do seguinte modo:

1. As vacacións de verán dividiranse por meses, o mes de xullo (do 1 ao 31) e o mes de agosto (do 1 ao 31), correspondendo ao pai elixir nos anos pares e á nai nos impares.

2. As vacacións de nadal dividiranse en dúas metades, a primeira desde o día de comezo das vacacións ata o 31 de decembro, e a segunda desde o 31 de decembro ata o último día das vacacións. Cada un dos proxenitores estará coa filla unha destas dúas metades, elixindo o pai nos anos pares e a nai nos impares.

3. As vacacións de semana santa tamén se dividirán por metade, a primeira desde o día de comezo das vacacións ata o mércores santo, e a segunda desde o mércores santo ata o último día de vacacións, elixindo o pai nos anos pares e a nai nos impares.

O domicilio materno será o lugar de recollida e entrega da menor.

A nai asumirá o custo do transporte de regreso da menor.

– Establecemento dunha pensión alimenticia a favor da filla menor e que deberá ser aboada polo pai, de 200 euros mensuais, pagadoira dentro dos 5 primeiros días de cada mes na conta de La Caixa nº 2100 4330 66 0100232604, e actualizables anualmente conforme o IPC ou índice que o substitúa. A primeira actualización será en xaneiro de 2017.

Os gastos extraordinarios serán aboados ao 50 %. Terán tal consideración os gastos de natureza médica, farmacéutica, odontolóxica e educativa que non se encontren cubertos polo sistema público de saúde ou polo sistema de educación público.

Non procede expresa condena en custas.

Expídase testemuño da presente sentenza, o cal se levará aos autos da súa razón deixando o orixinal no presente libro.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se debe interpor ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación. Advírtese á parte que desexe recorrer que debe constituír un depósito de 50 euros na conta do xulgado baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, non se tramitará o recurso.

Así, o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

E estando en paradoiro descoñecido Miguel Rentero Pina, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma á parte demandada.

Viveiro, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza