Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43332

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Cambados

EDICTO (594/2010).

Julio Manuel González Muñoz, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, fai saber que no presente procedemento xuízo ordinario 594/2010, seguido por instancia de Jesús Fernández Rodiño fronte a Esperanza Otero Piñeiro se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

Sentenza 103/15

Cambados, 23 de novembro de 2015

Vistos por min, María Carmen Bóveda Soto, os presentes autos de xuízo ordinario 594/2010, en que interveñen, como parte demandante, Jesús Fernández Rodiño, representado polo Sr. Palacios Palacios e asistido polo Sr. Alonso Piñeiro en substitución da letrada María del Carmen Garrido Piñeiro e, como demandada, Esperanza Otero Piñeiro, en situación procesual de rebeldía, en virtude da potestade xurisdicional que a CE me confire, dito esta sentenza.

Resolvo:

Que estimando a demanda formulada polo Sr. Palacios Palacios en nome de Jesús Fernández Rodiño contra Esperanza Otero Piñeiro, procede facer os seguintes pronunciamentos:

1º. Declárase a extinción da comunidade pro indiviso entre as partes deste preito sobre o predio obxecto de litis, sito no lugar de Cuíñas, Vilariño, termo municipal de Cambados, denominado Os Pombos, de 538 m2, con referencia catastral 36006A005002400000OD, e que este predio é esencialmente indivisible.

2º. Se as partes non chegan a un acordo respecto á adxudicación do predio con indemnización ao outro, en fase de execución de sentenza venderase en pública poxa con admisión de licitadores estraños, e a cantidade obtida na poxa repartirase conforme as cotas correspondentes a cada un dos comuneiros, o 25 % do prezo obtido para Esperanza Otero Piñeiro e o 75 % do prezo obtido para Jesús Fernández Rodiño.

Non se fai expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E ao estar a dita demandada, Esperanza Otero Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 5 de febreiro de 2016

O secretario xudicial