Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43334

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (348/2013).

Celia Rodríguez Arias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, fai saber que no presente procedemento verbal número 348/2013 se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ponteareas, 31 de xullo de 2014

Vistos por Inés Nicolás Herrero, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, os presentes autos de procedemento verbal número 348/2013, seguido entre partes, dunha, como demandantes, Albino Alfaya Couñago e María Martínez Patricio, dirixidos polo letrado Roberto Mera Cobas e representados pola procuradora Teresa Fernández Carrera, e doutra, como demandados, a entidade Promociones Senra y Morón, S.L., Marcos Gómez Estévez Construcciones y Reformas, S.L., Marcos Gómez Estévez e Alicia Gómez Senra, representados pola procuradora Mercedes García Gómez e asistidos polo letrado José Luis Bianchi Valcarce, e José Antonio González Marquina e Miguel Ángel Pérez Marquina, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Estimando integramente a demanda deducida pola procuradora Teresa Carrera Fernández, en nome e representación de Albino Alfaya Couñago e María Martínez Patricio fronte a Promociones Senra y Morón, S.L., Marcos Gómez Estévez Construcciones y Reformas, S.L., Marcos Gómez Estévez, Alicia Gómez Senra, José Antonio González Marquina e Miguel Ángel Pérez Marquina, condeno a estes a reparar, de maneira conxunta e solidaria, os vicios e defectos existentes na vivenda dos demandados referidos no informe pericial de Celso Marino Rodríguez, na forma indicada no fundamento xurídico quinto, ou a satisfacer as indemnizacións indicadas no dito informe pericial, tamén de maneira conxunta e solidaria, e segundo o grao de responsabilidade establecido no fundamento xurídico quinto, na cantidade de cinco mil cento sesenta e seis euros con trinta e nove céntimos (5.166,39 €), xunto coas custas procesuais».

E ao estar o dito demandado, José Antonio González Marquina, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ponteareas, 14 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza