Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43336

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro

EDICTO (788/2015).

Eu, Marta Berta García Roces, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Viveiro, fago saber que no presente procedemento ordinario 788/2015, seguido por instancia de Vicente Rolle Rodríguez e Nieves Fraga Corbelle fronte á entidade Eólica Gallega Inversiones, S.L., se ditou a sentenza 76/2016 da cal, de entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto, tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

«Sentenza 76/2016.

Viveiro, 5 de maio de 2016.

Vanessa María Formoso Castro, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, unha vez examinadas as actuacións, ditou a seguinte sentenza:

Vistos os presentes autos de xuízo ordinario número 788/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Vicente Rolle Rodríguez e Nieves Fraga Corbelle, representados pola oficial habilitada Sra. Parapar, en substitución do procurador Sr. Prieto Vázquez e defendidos pola letrada Sra. Santos Alonso, contra Eólica Gallega de Inversiones, S.L., non comparecida e declarada en rebeldía, sobre reclamación de cantidade en cumprimento de contrato.

(…)

Resolución:

Estimo a demanda interposta por Vicente Rolle Rodríguez e Nieves Fraga Corbelle, representados pola oficial habilitada Sra. Parapar, en substitución do procurador Sr. Prieto Vázquez e defendidos pola letrada Sra. Santos Alonso, contra Eólica Gallega de Inversiones, S.L., non comparecida e declarada en rebeldía, e condeno a demandada a pagar aos demandantes a cantidade de 9.713,81 euros, máis os xuros legais.

Procede a condena en custas da demandada.

Expídase testemuño desta resolución, o cal se levará aos autos correspondentes, quedando o orixinal no presente libro.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación. Advírtese a parte que desexe recorrer que debe constituír un depósito de 50 euros na conta do xulgado baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, non se tramitará o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estar en paradoiro descoñecido Eólica Gallega Inversiones, S.L., expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma á parte demandada.

Viveiro, 6 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza