Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (61/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 61/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Gudín Graña contra Callidora Aesthetic, S.L. e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Mónica Gudín Graña, representada polo letrado Sr. Casas San José, contra Callidora Aesthetic, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.957,40 euros, que devindicará o xuro moratorio do 10 %.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, de ser o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada, conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en forma a Callidora Aesthetic, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 29 de xullo de 2016

O secretario xudicial